Buscan a unha exconcelleira do PSOE en Sarria desaparecida desde o xoves
15 de noviembre de 2019 (13:14 h.)
A Garda Civil traballa con todas as hipóteses desde que saltaron as alarmas cando Ana Arias, de 48 anos, non se presentou no seu posto de traballo
A Garda Civil, que rexistrou a súa casa en busca de pistas, mantén abertas todas as hipóteses, segundo informa a Radio Galega. As alarmas saltaron cando Ana Arias non chegou ao seu posto de traballo este xoves.
Axentes de seguridade cidadá e da Garda Civil de Tráfico participan no dispositivo e tamén foron requiridos guías caninos e ata un helicóptero. Non se descarta que sufra un accidente cando se dirixía ao traballo.
Ana Arias foi concelleira en Sarria entre 2003 e 2011 polo PSOE.