A Policía busca unha parella belga que non se presentou a unha cita para unha PCR no Barbanza
02 de agosto de 2020 (19:23 h.)
A Policía Nacional está a buscar a unha parella belga que debía haberse sometido a unha proba PCR no Hospital da Barbanza e non o fixo.
Fontes sanitarias confirmaron este domingo que os responsables médicos deron aviso do sucedido tanto á Policía como ao Sergas. Os axentes tratan agora de localizar a estas dúas persoas.