O que se xogan os partidos nas autonómicas: 21.737 euros por escano e 0,8 euros por voto

Una persona deposita su papeleta en una urna. SALVADOR SAS (EFE)
Facenda actualiza as tarifas

Os partidos galegos recibirán 21.737,41 euros por escano obtido nas eleccións do próximo 5 de abril, segundo as tarifas actualizadas pola Consellería de Facenda e que publica este xoves o Diario Oficial de Galicia (DOG). Ademais, subvencionarase con 0,8 euros por cada voto ás formacións que obteñan representación parlamentaria. 

En virtude da Lei 9/2015 de financiamento de formacións políticas e entidades vinculadas ou dependentes, o límite de gastos electorais, para cada formación, no resultado da conta 0,65 céntimos de euros por número de habitantes con dereito a voto. Iso si, este cálculo faise por cada unha das provincias (circunscricións) e, polo tanto, a contía tamén depende de se a formación política se presentou en todas elas ou non. 

Á marxe destes dous conceptos suxeitos a subvención da administración autonómica, tamén se sufragan os gastos ocasionados polo envío directo e persoal aos electores de sobres e papeletas electorais ou propaganda e publicidade electoral, a razón de 0,23 céntimos por elector, e sempre que a candidatura consiga representación no hemiciclo galego. 

No entanto, para o cálculo do límite da subvención por parte de cada formación política non se inclúe o gasto en propaganda e papeletas, como así o especifica tamén a orde publicada no Diario Oficial de Galicia. 

Todas as tarifas están actualizadas tras consultar el Instituto Galego de Estatística, aplicando unha variación, á alza, do 4,1 por cento fronte ás tarifas establecidas.

ANTICIPOS. A lei de financiamento estipula que se poden establecer anticipos para os partidos, federación ou coalicións que se presenten aos comicios, que deberán solicitarse entre o día 21 e 23 posteriores á convocatoria de eleccións. Agás indicación adicional, enténdese unha petición de adianto do 30 por cento do máximo subvencionable, o máximo que se pode anticipar. 

A cantidade recibida descontarase da subvención á que teña dereito finalmente cada formación política e, se non obtén representación, deberá ser devolta integramente. Tamén deberá devolver a diferenza no caso de que non lle correspondese a contía abonada como adianto.