viernes. 20.09.2019 |
El tiempo
viernes. 20.09.2019
El tiempo

Cañita Brava recupera as "6.000 pesetas de whisky" 21 anos despois

Cañita Brava tras recibir o sobre coas 6.000 pesetas. YOUTUBE
Cañita Brava tras recibir o sobre coas 6.000 pesetas. YOUTUBE

J&B pagou "a débeda máis famosa de España"

A débeda reclamada por Cañita Brava en Torrente: el brazo tonto de la ley coa súa soada frase "Débesme seis mil pesetas de whisky" verase saldada 21 anos despois da estrea da exitosa película de Santiago Segura. 

Grazas a J&B, Manolo González –nome real de Cañita Brava– recibirá as seis mil pesetas que lle debía Torrente. A coñecida marca deciciu celebrar así o Día Mundial do Whisky o próximo 18 de maio. 

"Tras 21 anos fixémolo. Pagamos a débeda máis famosa de España. Adeus Cañita, ola novo mundo do whisky", apunta a marca.
 

Cañita Brava recupera as "6.000 pesetas de whisky" 21 anos despois
Comentarios