martes. 04.08.2020 |
El tiempo
martes. 04.08.2020
El tiempo

O cartón moedeiro da Xunta poderase solicitar a partir do mércores

Fabiola García e Feijóo. LAVANDEIRA JR
Fabiola García e Feijóo. LAVANDEIRA JR
Concederase nun prazo máximo de 72 horas, segundo a conselleira de Política Social, Fabiola García

O cartón moedeiro da Xunta, para que familias vulnerables poidan comprar alimentos, produtos de hixiene e necesidades básicas, poderase solicitar a partir do mércores, 1 de xullo, segundo anunciou a conselleira de Política Social, Fabiola García, na firma do convenio para a súa xestión coa presidenta da Cruz Vermella Galicia, Carmen Colmeiro, na Coruña. 

A responsable autonómica explicou que a concesión da axuda realizarase "nun prazo máximo de 72 horas" e que se tramitará tanto nas sedes da entidade solidaria como nos concellos. O único requisito para acceder ao cartón será, engadiu García, "non dispor doutra axuda da Xunta ou dos concellos". 

A Consellería de Política Social calcula que serán 30.000 as familias en situación de vulnerabilidade que accederán ao cartón moedeiro, que poderá utilizarse, engadiu García, en supermercados ou farmacias para "non estigmatizar a ninguén". O orzamento que destina o Goberno galego a esta medida será de 21,7 millóns de euros. 

O período de vixencia do cartón será de tres meses e recargarase cada mes, segundo avanzou a conselleira en declaracións aos medios. As familias de tres ou máis persoas percibirán 900 euros en total; as de dúas persoas, 600 e as dunha persoa soa, 450 euros. Fabiola García subliñou que se trata dunha axuda "inmediata" mentres se tramitan outro tipo de axudas públicas.

"O proceso do cartón moedeiro será rigoroso pero, á vez, rápido", defendeu Colmeiro

REFERENCIA GALEGA E NACIONAL. A conselleira de Política Social encomiou o labor de Cruz Vermella dicindo que é "referencia a nivel galego e nacional" na firma do convenio que posibilitará que a entidade xestione estes 'cartóns moedeiro' nas súas sedes na comunidade autónoma. "é unha entidade fiel colaboradora da Xunta", finalizou. 

A presidenta de Cruz Vermella en Galicia, Carmen Colmeiro, destacou que a pandemia provocou "situación de desamparo" en moitas familias que xa estaban, lamentou, "ao límite da protección".

Por iso, recordou que a entidade puxo en marcha "a maior mobilización de recursos da historia recente" para atender a dous millóns de persoas. 

"O proceso da cartón moedeiro será rigoroso pero, á vez, rápido", defendeu Colmeiro, sinalando que este sistema de axudas será "moderno" e "eficaz". 

O cartón moedeiro da Xunta poderase solicitar a partir do mércores
Comentarios