Catro anos de cárcere por abusar dunha nena de dez anos en Pontevedra

Exterior dAa Audiencia de Pontevedra. AEP
O fiscal, que pedía 12 anos de cárcere polos feitos, solicitou a rebaixa polas atenuantes de dilacións indebidas e reparación do dano

A Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra fixou en catro anos de prisión a pena para un individuo que recoñeceu ter corrompido e abusado sexualmente dunha nena de dez anos en 2015.

O fiscal, que pedía 12 anos de cárcere polos feitos, solicitou a rebaixa para evitar o acto do xuízo, dando por boas as atenuantes de dilacións indebidas e reparación do dano, pois o procesado comprometeuse ao pago dos 30.000 euros pactados en concepto de responsabilidade civil.

O xuíz engade cinco anos de liberdade vixiada e 15 de afastamento que empezarán a computar en canto o penado abandone a prisión.