Catro feridos, entre eles un menor, nun accidente múltiple en Vigo

O accidente rexistrouse na avenida de Portanet. GSV
Un dos adultos implicado no sinistro está grave

Catro persoas resultaron feridas este luns nun accidente en Vigo con polo menos catro turismos implicados.
Segundo informou o 112 Galicia, o accidente produciuse sobre as 09:30 horas, momento en que un particular alertou dunha colisión múltiple na rotonda do Álvaro Cunqueiro, na VG-20.

Os xestores do 112 Galicia puxeron en alerta ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaron de que catro persoas resultaran feridas. Ao parecer, unha delas está grave e outro dos lesionados é un menor. 

Ata o lugar desprazáronse, ademais, axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e o persoal do servizo de limpeza e mantemento da vía.

Os Bombeiros de Vigo tamén foron informados.