Cazan en Gondomar a un condutor ebrio, sen carné nin seguro nin cinto
20 de noviembre de 2018 (21:31 h.)
O infractor nunca sacara o permiso de conducir
Cando os axentes da Policía Local de Gondomar interceptaron o pasado luns a un condutor que non levaba posto o cinturon de seguridade non se imaxinaban a gravidade do caso.
Tras darlle o alto, os efectivos comprobaron que o home, veciño da localidade, carecía de permiso de conducir –nunca o sacora– e circulaba sen o seguro obrigatorio.
Pero a cousa non quedou aí. Os axentes realizáronlle a proba de alcoholemia e esta deu resultado positivo.
Por estes feitos, tramitáronse dilixencias ao Xulgado de garda de Vigo para a súa sanción por vía penal denunciado por un presunto delito contra a seguridade viaria,