Un condutor dá positivo no test de alcol tras envorcar no túnel coruñés de María Pita
29 de agosto de 2019 (14:53 h.)
O sinistro, rexistrado de madrugada, só provocou danos no vehículo conducido polo mozo
Un condutor de 21 anos foi denunciado na Coruña tras dar un resultado positivo na proba de alcoholemia á que foi sometido logo de verse implicado nun accidente no túnel de María Pita, onde o seu vehículo envorcou.
O condutor, veciño da Coruña, foi sometido ás probas de alcoholemia, nas que obtivo un resultado positivo (0,31 e 0,34 miligramos por litro), polo que pode ser sancionado con 500 euros e a retirada de catro puntos do permiso de conducir.
O vehículo que conducía foi retirado por un guindastre particular de asistencia por quedar imposibilitado para circular. Ademais, foron necesarios os servizos dunha dotación de bombeiros para limpar a calzada.