Confunden unha alga de gran tamaño cun cadáver e mobilizan á Garda Civil
03 de agosto de 2019 (15:40 h.)
Os tripulantes dun veleiro avisaron ás autoridades ao avistar o vulto sospeitoso cando navegaban entre Sanxenxo e Ons
Falsa alarma en augas das Rías Baixas. Os ocupantes dun veleiro que navegaba entre Sanxenxo e a Illa
Ante esa situación, deron rapidamente aviso ás forzas da orde e mobilizouse o patrulleira Río Guadalupe, do servizo marítimo da Garda Civil. Con todo, cando os axentes chegaron ata o lugar descubriron que non era o corpo dunha persoa senón unha alga de gran tamaño.