Os conselleiros toman posesión

Núñez Feijóo preside a toma de posesión do novo goberno. LAVANDEIRA JR (EFE)
Feijóo deu a coñecer este domingo os nomes dos compoñentes do seu noveno gabinete desde que accedeu ao cargo en 2009

Nove conselleiros xuraron e outros dous, Valeriano Martínez e Julio García Comesaña, prometeron o seu cargo no acto de toma de posesión como membros do Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo para a XI lexislatura. 

Este solemnte acto celebrouse este luns nos exteriores das dependencias da Administración galega en San Caetano, en Santiago, despois de que este domingo o presidente da Xunta dese a coñecer o que é o seu noveno Gabinete desde que accedeu ao cargo en 2009. 

Como principais novidades, está a substitución dos titulares de Educación, Carmen Pomar, e o de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña. Ademais, o departamento educativo vólvese xuntar con Cultura, créase unha Consellería de Emprego e Igualdade e haberá, por primeira vez desde o fraguismo, dúas vicepresidencias. 

Desde San Caetano, os once conselleiros prestaron a súa declaración ante o Estatuto de Autonomía e a Constitución, que acatarán e farán preservar, así como a Biblia no caso do xuramento. 

Neste evento, que estivo marcado polas máscaras e as distancias sociais para evitar contaxios, interviñeron os xa exconselleiros de Educación, Carmen Pomar, e o de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, quen realizaron unha intervención de "agradecemento" tanto ao presidente da Xunta como aos seus respectivos equipos. 

Tamén tomou a palabra do recentemente designado vicepresidente primeiro do Goberno galego –antes era o único, agora acompañarao Francisco Conde como vicepresidente segundo–. Así, dirixiuse a todos os seus compañeiros para advertirlles: "Aquí vénse a sufrir". 

A este acto institucional, previo ao primeiro Consello deste novo Executivo, acudiron o presidente do Parlamento, Miguel Santalices; os reitores das universidades da Coruña, Julio Abalde, e Santiago, Antonio López; o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o portavoz do PP na Cámara galega, Pedro Puy; así como familiares e membros dos equipos dos conselleiros, entre outros.