domingo. 15.12.2019 |
El tiempo
domingo. 15.12.2019
El tiempo

Controlado o incendio forestal de Verín e extinguido o de Boiro

Incenido en Verín. TWITTER (@BrifLaza)
Incenido en Verín. TWITTER (@BrifLaza)

As chamas arrasaron 66 hectáreas en Ourense, 22 delas de monte arboledo

O incendio forestal que se orixinou o martes no municipio ourensán de Verín foi controlado tras queimar 66 hectáreas, e ademais deuse por extinguido outro lume no concello coruñés de Boiro, que afectou a 60 hectáreas, segundo informa este mércores a Consellería de Medio Rural.

No balance de incendios con datos ás 9.00 deste mércores detállase que as chamas que se propagaron pola parroquia de Vilamaior do Val, en Verín, desde o martes pasadas as tres e media da tarde, lográronse controlar ás 23.16 do mesmo día.

Este incendio afectou a unha superficie de 66,01 hectáreas, delas 22,46 de monte arboledo e 43,55 de monte raso.

No control do lume participaron un técnico, 10 axentes, 14 brigadas, sete motobombas, unha pa, oito helicópteros e un avión.

Controlado o incendio forestal de Verín e extinguido o de Boiro
Comentarios