A CRTVG convida ás principais forzas galegas a un debate o 23 de marzo

Tería lugar na sede dos medios públicos galegos en San Marcos "en horario de máxima audiencia" e será retransmitido pola TVG e a Radio Galega
Minuto de silencio en O Hórreo. PARLAMENTO DE GALICIA
photo_camera Minuto de silencio en O Hórreo. PARLAMENTO DE GALICIA

A Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) convida ás "principais forzas políticas galegas" a un debate electoral o luns 23 de marzo, após a primeira fin de semana da campaña con motivo das eleccións autonómicas do 5 de abril. 

Segundo informou a CRTVG, este debate terá lugar na sede dos medios públicos galegos en San Marcos "en horario de máxima audiencia" e será retransmitido pola TVG e a Radio Galega, así como en soportes dixitais. 

A CRTVG explica que unha vez que se publiquen as candidaturas definitivas que optarán aos comicios do 5 de abril -o prazo de presentación de coalicións finaliza este venres e o das candidaturas o 2 de marzo-, a Corporación porase en contacto cos representantes dos grupos políticos para achegarlles "o plan de cobertura completo" e "para ter un encontro de traballo". 

O debate, destacan as mesmas fontes, será accesible en lingua de signos. Ademais, a CRTVG facilitará o sinal do evento a todos os medios interesados na súa difusión. 

O candidato do PSdeG e líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, retou hai uns días ao aspirante do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo, a un cara a cara, após o que a candidata do BNG, Ana Pontón, expresou o seu desacordo por "limitar o pluralismo nos debates".  

Comentarios