Localizada con vida a muller de 85 anos desaparecida en Avión
04 de febrero de 2019 (11:40 h.)
A octoxenaria saíra dar un paseo
Segundo sinalou o GES da localidade, a anciá, orixinaria de Albarellos –parroquia do concello ourensán de Monterrei– responde o nome de Felicita E.D..
A octoxenaria foi dar un paseo e a familia, ao ser consciente da súa tardanza, mobilizou á Garda Civil e a Protección Civil, así como a numerosos veciños que colaboraron desde o primeiro momento na busca, que rematou en final feliz.