Detectan un brote con seis casos en Lalín e outro con oito en Arzúa
20 de agosto de 2020 (22:37 h.)
Os positivos relacionados co foco de Arzúa vincúlanse cunha peregrina que estaba infectada
O Servizo Galego de Saúde detectou este xoves un brote de coronavirus cun total de seis casos no concello pontevedrés de Lalín e outro con oito positivos en Arzúa.
Segundo informa o Sergas, os casos contabilizados no municipio de Arzúa vincúlanse cunha peregrina que estaba infectada.
Por outra banda, os positivos de Lalín están relacionados cun brote familiar.
O Área Sanitaria de Santiago e Barbanza leva a cabo o estudo dos contactos en relación a estes dous brotes.