Detida unha muller en Lugo por darlle unha cabezada á súa filla de 10 anos en plena rúa

Praza de Santo Domingo. XESÚS PONTE
Varios transeúntes corroboraron as declaracións da nena

Unha muller de 43 anos foi detida en Lugo por axentes da Policía Local porque, en plena rúa, presuntamente tiroulle dos pelos e propinoulle unha cabezada na fronte á súa filla de 10 anos.  A agresión tivo lugar o pasado martes, ás nove e media da noite, na Praza de Santo Domingo, no centro da capital lucense.

A menor díxolle aos axentes da Policía Local que interviñeron que noutras ocasións a súa nai lle dera unha labazada.

Os axentes identificaron a varios transeúntes que corroboraron as declaracións da nena. Tanto a nai como a menor foron trasladadas ao Hospital Lucus Augusti (Hula) para recibir asistencia médica e despois ás dependencias policiais para tramitar as correspondentes dilixencias para remitir ao xulgado especializado en violencia doméstica.