Detido un expolicía local en Ribeira acusado de agredir sexualmente a unha moza
24 de julio de 2019 (23:31 h.)
O presunto agresor foi posto en liberdade este mércores após prestar declaración no xulgado número 1 de Ribeira, en funcións de garda
Un expolicía local foi detido no municipio coruñés de Ribeira acusado de agredir sexualmente a unha moza na localidade da comarca do Barbanza, segundo confirmaron a Europa Press fontes da investigación.
O presunto agresor foi posto en liberdade este mércores após prestar declaración no xulgado número 1 de Ribeira, en funcións de garda.
O xulgado ditou unha orde de protección para a vítima. Deste xeito, o detido non poderá achegarse nin tratar de comunicarse coa agredida.
Segundo fontes da investigación, o axente retirado enfróntase a un delito de agresión sexual, aínda que os cargos poderían modificarse en función do desenvolvemento da instrución.