Disparan máis de 15 balotes sobre a cabeza dun gato en Pontevedra

Imagen del gato agredido. DP
Coqui apareceu na súa casa tras dúas semanas desaparecido. Fora acurralado e ferido cunha escopeta. Perderá o seu ollo esquerdo e aínda ten proxectís incrustados no cranio

Arrastrándose e agonizando. Así chegou Coqui á súa casa da parroquia pontevedresa de Lérez o día de Nadal. Desaparecera dúas semanas antes e os seus donos dábano por perdido, pero foi capaz de volver ao seu fogar. A súa dona, Laura Pereira, puido salvarlle a vida levándolle á clínica veterinaria Peluxa, onde aseguran que non se teme pola súa vida, aínda que reciba unha brutal agresión

Polas lesións que ten, o animal sufriu un ataque cunha escopeta de balotes. "Recibiu entre 15 e 20 disparos, todos na cabeza, tiña que estar acurralado dalgunha forma para recibir tantos tiros", explican na clínica. Os veterinarios puideron extraer algúns dos balotes, pero outros se quedaron incrustados no cranio de Coqui, que así se chama o gato. 

Durante a xornada deste venres será operado do seu ollo esquerdo, que terá que ser extirpado logo de recibir un impacto de balote que causou unha infección irreparable. Polo momento, non se teme pola vida do animal, que estaba tamén desnutrido e deshidratado cando chegou á súa casa, aínda que "toda cirurxía supón riscos", tal e como explican na clínica. 

A dona do animal, Laura Pereiro, denunciará os feitos, tal e como anunciou nun post de Facebook que se compartiu miles de veces e recibiu multitude de comentarios. Así, a familia agradece calquera información que poida servir para dar co responsable da agresión.