Educación abre desde o luns o prazo de inscrición para as oposicións de docentes

No corpo de mestres terá 747 prazas para oito especialidades, sobre todo para educación infantil e pedagoxía terapéutica que contarán coa oferta máis importante
Aspirantes en las oposiciones de Correos en Silleda. EFE
photo_camera Aspirantes nunhas oposicións en Silleda. EFE

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre a partir do luns o prazo de inscrición para as oposicións docentes deste ano, con 2.354 prazas para 97 especialidades. 

O Diario Oficial de Galicia publicou este venres a convocatoria do proceso selectivo que inclúe postos para os inspectores, de profesores de secundaria, mestres, EOI, artes plásticas e outros corpos. 

O prazo permanecerá aberto desde o luns e estenderase ata o próximo 6 de abril, mentres que o proceso selectivo dará comezo o 20 de xuño. 

No corpo de mestres terá 747 prazas para oito especialidades, sobre todo para educación infantil e pedagoxía terapéutica que contarán coa oferta máis importante, con 150 prazas cada unha. 

Mentres, no caso do corpo de profesores de secundaria, haberá 1.041 prazas para 35 especialidades, cunha dotación que destaca particularmente en matemáticas (97 prazas), orientación educativa (55), xeografía e historia (52) e lingua galega e literatura (51).