lunes. 29.11.2021 |
El tiempo
lunes. 29.11.2021
El tiempo

Educación regulará a atención ao alumnado en situación vulnerable que non acuda a clase

Un aula vacía. EUROPA PRESS
Unha aula baleira. EUROPA PRESS
Creará equipos virtuais de atención ao alumnado en cada provincia 
 

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade emitiu instrucións aos centros para abordar aqueles casos de alumnos ou de familias que non envíen aos seus fillos a clase como consecuencia da covid-19, tras a análise da situación por parte das comisións provinciais de absentismo. 

A orde, que será publicada no Diario Oficial de Galicia, ten o obxectivo de articular unha resposta a este tipo de escenarios, e garantir esa atención ao alumnado, sempre que se conte con razóns xustificadas ou coa valoración das citadas comisións. 

Deste xeito, os destinatarios serán estudantes en situación vulnerable ou con familiares convivientes nesas circunstancias e que non acudan ao centro debido ao contexto de covid, pero cuxa ausencia se considera "xustificada" por parte das respectiva comisións de absentismo.

PASOS A SEGUIR. As instrucións establecen os pasos a seguir en cada caso. Deste xeito, as accións de prevención e control aplicaranse de acordo aos protocolos de absentismo, cunha primeira valoración por parte do centro educativo. 

Tras analizar o expediente ábrense dúas vías: ou se pasa o caso ao Ministerio Fiscal a través da xefatura territorial, ou a análise determina que a situación de ausencia está xustificada

No caso de que as ausencias non estean xustificadas e non se logre unha solución cos titores legais do menor, o centro terá que informar á inspección educativa e ao Concello. 

O servizo de inspección analizará a situación e decidirá ou ben devolver o caso ao centro con posibles medidas a aplicar ou dando traslado á comisión provincial de absentismo con orixe na covid-19, para emitir un informe sobre a situación. 

Tras analizar o expediente ábrense dúas vías: ou se pasa o caso ao Ministerio Fiscal a través da xefatura territorial, ou a análise determina que a situación de ausencia está xustificada. 

Neste suposto, a atención ao alumno realizarase a través de persoal do centro e, de non ser posible atender a situación, a xefatura territorial podería derivar o caso un equipo provincial de Atención Virtual ao Alumnado (Ava).

O profesorado dos equipos Ava será nomeado pola Dirección Xeral de Centros en función das necesidades existentes

EQUIPOS AVA. Educación constituirá dous equipos Ava en cada provincia, un de infantil e primaria e outro de secundaria e dos ámbitos de Ciencias aplicadas e Comunicación e sociedade de FP Básica, que asumirían a responsabilidade de atender aos estudantes nesta situación. 

Pola súa banda, o alumnado de bacharelato sería atendido por persoal do centro de formación a distancia IES San Clemente. 

O profesorado dos equipos Ava será nomeado pola Dirección Xeral de Centros en función das necesidades existentes, en concreto profesionais docentes "de acreditada solvencia". 
As xefaturas territoriais emitirán un informe nos dez primeiros días de cada mes sobre os casos atendidos polos equipos Ava no mes anterior. 

Educación regulará a atención ao alumnado en situación vulnerable...
Comentarios