Esquece pór o freo de man e o seu coche acaba nunhas escaleiras en Ourense
13 de febrero de 2019 (01:34 h.)
Por fortuna, ninguén se atopaba na traxectoria do turismo e non houbo que lamentar feridos
O descoido dunha condutora propiciou que un coche caese este martes por unhas escaleiras en Ourense. A propietaria do vehículo esqueceu pór o freo de man cando se dispuña a sacar o recibo da Ora, provocando o estupor dalgúns veciños.
Por fortuna, ninguén se atopaba na traxectoria do turismo e non houbo que lamentar feridos.