Estabilizado un incendio en Verín que afecta a unhas seis hectáreas

Un operario no incendio de Verín. AT_BRIF
O lume está próximo á A-52

Efectivos de extinción traballan a esta hora para tentar sufocar un incendio forestal rexistrado no municipio de Verín, en Ourense, que quedou estabilizado pasadas as 21.00 horas. 

Segundo os datos facilitados pola Consellería de Medio Rural, o lume afecta á parroquia de Ábedes e orixinouse sobre as 17.32 horas. 

A estimación inicial da Xunta indica que o lume afecta a un seis hectáreas e está preto da A-52, aínda que de momento non existe perigo e evoluciona "favorablemente".