Evita un choque frontal en Valga logo de que un coche invadira o seu carril

O coche que invadiu o carril contrario. TVG
Ocorreu na PO-548, á altura do Alto do Cordeiro

Un susto de morte. Iso é o que levou un condutor que circulaba pola PO-548, polo Alto do Cordeiro, no municipio pontevedrés de Valga.

De súpeto, nunha curva, apareceu un coche invadindo o seu carril e a toda velocidade. Grazas á pericia do condutor, puido evitar o impacto. As imaxes foron emitidas este domingo pola TVG.