A Facultade de Dereito da USC acolle unha charla sobre o acoso laboral
17 de abril de 2018 (22:49 h.)
Terá lugar a partir das 19:00 horas na aula X do centro compostelán
Os tres participantes prestarán os seus coñecementos sobre a realidade do acoso laboral coa finalidade de visibilizar e concienciar sobre o alcance desta problemática social. Os puntos principais da xornada xirarán en torno á definición do mobbing; ós recursos cos que contan os traballadores para enfrontarse a unha situación conflitiva no seu ámbito laboral e á necesidade de crear iniciativas de prevención.