Falece aos 92 anos a nai do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
30 de octubre de 2019 (21:28 h.)
Este xoves oficiarase o funeral na Igrexa de Santo Domingo
Rosa Jácome, a nai do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, faleceu este mércores aos seus 92 anos despois de padecer problemas de saúde desde hai tempo.
A capela ardente de Rosa Jácome estará instalada no tanatorio das Burgas. Este xoves, ás 16.00 horas, será trasladada á Igrexa de Santo Domingo na que se oficiará o funeral.
A muller será enterrada posteriormente no Panteón familiar situado no cemiterio de San Francisco. O rexedor ourensán mantiña unha estreita relación coa súa nai e, precisamente, durante a xornada de reflexión das pasadas eleccións municipais pousou ante os fotógrafos paseando con ela pola cidade.