Falece un bombeiro forestal mentres limpaba o monte en Pontevedra
16 de abril de 2018 (21:51 h.)
A vítima sufriu unha parada cardiorespiratoria
Un bombeiro forestal de 46 anos faleceu durante a xornada deste luns mentres realizaba tarefas de limpeza nos montes de Ponte Sampaio, en Pontevedra.
A vítima, que se atopaba cun compañeiro, sufriu unha parada cardiorespiratoria e xa non puido ser auxiliada.
A Policía Nacional de Pontevedra, cuxos investigadores se desprazaron ao lugar dos feitos, certificou que o falecemento se produciu por causas naturais.