![O ciclomotor que conducía o falecido en Galdo. TRÁFICO]()
Un home, que conducía un ciclomotor, faleceu ao redor das 13.00 horas en
Viveiro nunha saída de vía na zona de Portochao, na parroquia de
Galdo, xusto á saída da ponte. Ata o lugar mobilizouse persoal de Urxencias Médicas, ademais dun amplo dispositivo de urxencias, que incluíu unha patrulla de Tráfico da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil.