Falece un home tras quedar atrapado ao manipular unha peza de material rochoso
08 de septiembre de 2020 (23:07 h.)
O accidente sucedeu no Porriño
Un home faleceu este martes mentres traballaba no Polígono das Gandaras, situado no termo municipal do Porriño.
Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, o operario quedou atrapado mentres manipulaba unha peza de material rochoso.
Tras recibir o aviso, a central de Urxencias solicitou a intervención do 061, Bombeiros de Baixo Miño, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil.