Morre un motorista en Rianxo tras chocar contra un turismo
07 de abril de 2019 (02:56 h.)
Os efectivos sanitarios trataron de reanimalo durante case unha hora
Un home morreu na noite deste sábado nun accidente de tráfico na estrada DP-7202 ao colisionar a moto na que circulaba contra un turismo no lugar do Pazo, en Rianxo. Ocorreu pouco antes das dez, en torno ás 21.45 horas e, segundo informa a TVG, os servizos sanitarios trataron de reanimar o falecido durante case unha hora.
A vítima é un veciño da parroquia de Asados. A Garda Civil investiga agora as circunstancias nas que tivo lugar o sinistro.
O accidente provocou retencións de tráfico.