Feijóo e o seu "irmán" Zahera, xuntos para felicitar o Nadal
20 de diciembre de 2019 (15:14 h.)
O presidente galego e o actor protagonizan un vídeo no que desexan boas festas aos galegos
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sorprendeu este venres ao publicar nas redes sociais unha orixinal felicitación de Nadal en forma de vídeo.
Nesta ocasión, o xefe do Executivo galego contou coa colaboración do seu "irmán" Luis Zahera, con quen garda un innegable parecido físico.
O programa Land Rober foi o primeiro en percibir a abraiante semellanza física entre o presidente galego e o actor, que se viron por primeira vez cara a cara neste espazo da TVG.
É tal a evidencia, que ata o xefe do Executivo galego admitiu o parecido e mesmo empregou unha fotografía dese día para felicitar a Zahera tras gañar o Goya o pasado mes de febreiro.