Ferida grave unha nena de once anos ao ser atropelada en Monforte
17 de octubre de 2019 (14:39 h.)
A menor foi trasladada a un centro hospitalario
Unha nena de once anos resultou ferida grave na mañá deste xoves en Monforte ao ser arroiada por un vehículo.
O accidente ocorreu no barrio das Estación nas inmediacións dunha gasolineira, cando a nena cruzou a calzada cando ía cara ao CEIP de Monforte de Lemos (Colexio Novo).
A menor foi trasladada en ambulancia ao hospital comarcal de Monforte con fracturas nunha perna.