Ferido grave un ciclista tras ser atropelado en Gondomar
13 de mayo de 2018 (17:33 h.)
O condutor da furgoneta deu positivo por drogas
Un ciclista resultou ferido grave este domingo tras ser atropelado en Gondomar polo condutor dunha furgoneta, que deu positivo por drogas no test.
O accidente rexistrouse ao redor das 11.00 horas nas inmediacións da igrexa de Donas, segundo informa a Radio Galega.
O ciclista foi evacuado a un hospital.