
Un veciño de Lalín, S.B.F., resultou ferido leve tras protagonizar co seu vehículo un choque con posterior envorco na rotonda que un de avenida de Ourense coa Rolda Leste e a avenida de Madrid.
A consecuencia do sinistro, registrado ás nove da mañá, Emerxencias de Lalín tivo que limpar a vía, dado que sobre ela derramárase aceite.
No operativo, ademais, participaron membros da Policía Local de Lalín, Garda Civil de Tráfico.