Galicia Baleira denuncia o “illamento total” de moitas zonas rurais

A plataforma sostén que a cobertura telefónica é "moi deficiente" en zonas das provincias de Lugo e Ourense
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera Representantes de Galicia Baleira. ARQUIVO

A plataforma Galicia Baleira, que agrupa ás federacións provinciais de asociacións de veciños de Lugo e Ourense -que suman unhas 400 asociacións-, denunciou que, como consecuencia da pandemia e do estado de alarma, hai “miles de persoas confinadas en aldeas” de ambas as provincias que están a vivir nunha situación “de illamento total”, por mor dunha “moi deficiente” cobertura telefónica.

Esta plataforma asegura que, de forma “xeneralizada” na provincia de Ourense e en amplísimas “zonas da provincia de Lugo”, ou “non hai cobertura ou é tan mala” que non poden ser utilizados os servizos de telefonía móbil.

“En moitos casos”, engade, é tamén “moi deficiente tamén a cobertura telefónica, co cal o illamento é total se temos en conta que o uso desmesurado que se fai das redes en todo o país actualmente chega a saturar o ancho de banda dispoñible”, engade.

Segundo Galicia Baleira, esta situación fai que as persoas confinadas en zonas rurais de Lugo e Ourense “non poidan contactar cos provedores de servizos requiridos para a xestión das súas explotacións agrícolas e gandeiras”, á vez que determinadas entidades, públicas ou privadas, asentadas no rural non poden ofertar ás súas empregados posibilidades de teletrabajo.

A plataforma sostén que a comunicación telefónica pais-alumnos-profesores é moi deficiente

Tampouco é posible, recorda, “facer uso do ensino on-line que se está ofertando a través do programa Abalar”, polo que a plataforma asegura que é algo “meramente publicitario e ilóxico” ofertar agora “mil computadores” para que os alumnos poidan traballar desde casa.

“En Galicia, con miles de alumnos matriculados en ESO, Bacharelato e Formación Profesional, parece ser que só chegasen 3 computadores por centro”, engade, sen esquecer que “ao redor de 200.000 alumnos de Infantil e Primaria non recibirán ningún equipamento e só poden facer uso da programación previa que os profesores lles dispuxeron antes do peche de colexios”.

Sen esquecer, incide, en que “a comunicación telefónica pais-alumnos-profesores é moi deficiente”, porque incluso o é “cos servizos de urxencias 061 ou 112 e coa Garda Civil”.

Por todo iso, esta plataforma pídelle “ Xunta de Galicia que, dunha vez por todas, esíxalle á Amtega, a posta en servizo de acordo con todos os provedores de redes e telefonía unha rede que como mínimo ofreza en calquera punto da xeografía galega unha cobertura de 50 Mbps para Internet e cobertura telefónica de máximos”.

Comentarios