Galicia rexistrou o mellor ano turístico da súa historia

Crecemento ▶ A afluencia turística en Galicia en 2022 superou nun 40% as cifras do ano anterior e superou por vez primeira na serie histórica a barreira dos 12 millóns de noites no total anual, colocándose como sétimo destino máis importante do Estado
Playa de Silgar. BEATRIZ CÍSCAR
photo_camera Playa de Silgar. BEATRIZ CÍSCAR

Galicia pechou o ano 2022 con máis de 6,5 millóns de viaxeiros aloxados e de 12,5 millóns de noites no conxunto dos establecementos de aloxamento con datos de ocupación do Instituto Nacional de Estadística (Ine) –a saber, hoteis, pensións, apartamentos turísticos, cámpings, turismo rural e albergues–. Con estas cifras Galicia superou nun 40% os datos do ano 2021 e cun 3,0% por riba dos datos do 2019.

Galicia superou así, e por vez primeira na serie histórica, a barreira dos 12 millóns de noites no total anual, circunstancia que se explica por dous motivos fundamentalmente: a excelente capacidade de recuperación da demanda que mesmo permite superar as cifras de 2019 en tres modalidades concretas, e a incorporación ao cómputo global dos albergues –que engaden máis de 1,3 millóns de noites ao conxunto total–.

A comunidade galega colócase como o sétimo destino máis importante do Estado situándose por detrás de Canarias, Cataluña, Andalucía, Baleares, a Comunidade Valenciana e Madrid. Mellora ademais en oito puntos a distancia respecto da media do conxunto do Estado.

Turistas con maletas en Sanxenxo. JL OUBIÑA
Turistas con maletas en Sanxenxo. JL OUBIÑA
Ocupación 12 millóns de noites
Galicia superou por primeira vez na serie histórica a barreira dos 12 millóns de noites no total anual, situándose como o sétimo destino máis importante do Estado por detrás de Canarias, Cataluña, Andalucía, Baleares, a Comunidade Valenciana e Madrid.


O 38% da demanda concentrouse na tempada alta –meses de xullo e agosto–, sendo este último o mes de maior afluencia turística á comunidade, que con máis de 2,6 millóns de noites supuxo o 21% do total anual.

O 72% da demanda correspondeu ao segmento hoteleiro –cun 59% para os hoteis e 13% para as pensións–, mentres que o 28% restante ficou no aloxamento extrahoteleiro –cun 5,1% para os apartamentos turísticos, un 8,7% nos cámpings, o 3,1% en turismo rural e o 10,6% nos albergues–.

Todas as tipoloxías superaron con creces os niveis de demanda do 2021 –con intensidade variable–, sendo os albergues os que presentaron o incremento máis elevado ao superar en máis do dobre as cifras de 2021.

O 75% da demanda correspondeu ao turismo de ámbito nacional –que engloba ao interno e ao que procede das restantes comunidades autónomas– mentres que o 25% restante foi internacional. Ambos segmentos superaron de forma notable as cifras do 2021 –nun 22% o nacional e en máis do dobre o internacional– mais só o segmento dos españois consegueu superar tamén o nivel de 2019 –nun 4,4%–, marcando un máximo da serie histórica con preto de 9,4 millóns de noites.

Un grupo hace un ruta de senderismo. GONZALO GARCÍA
Un grupo hace un ruta de senderismo. GONZALO GARCÍA
Paisaxes Natureza
Galicia achega ao visitante natureza en estado puro, cunha ampla rede de aloxamentos de todo tipo, hoteis, pensións, albergues, casas de turismo rural ou campings donde decansar e durmir; restaurantes donde gozar da gastronomía e numerosas actividades para gozar do tempo de lecer.


Diminuiu ademais o peso do turismo nacional na comunidade galega, que pasou do 86% do total das noites en 2021 ao 75% actual. Son 11 puntos de diferenza que neste caso gañou, en paralelo, o segmento internacional.

A Comunidade galega acadou estas cifras turísticas cun modelo baseado na colaboración públicoprivada, tranquilo e de calidade, fomentando valores paisaxísticos, patrimoniais e enogastronómicos, o que axudou a favorecer a recuperación da demanda turística.

Récord de peregrinos

Polo que respecta ao Camiño de Santiago, a peregrinación a Compostela consolidouse durante o 2022 marcando tamén unha cifra récord nunca antes acadada, con 438.682 compostelas entregadas, o que supuxo un incremento dun 26% con respecto á anterior cifra máis alta acadada no 2019 con case 350.000 certificacións.

Neste sentido, destaca a importancia que actualmente teñen as redes sociais na visibilización das ofertas turísticas, especialmente para a poboación nova, segundo reflicte o traballo desenvolto desde o Goberno galego para promocionar o Ano Santo 2021-22, con campañas como Instagramers no Camiño, que permitiu achegar a celebración do Xacobeo a públicos de moi diferentes tipos, descubríndolles que o Camiño é unha experiencia que se pode facer durante todo o ano e que hai moitos itinerarios para percorrer e seguir descubrindo Galicia.

De feito, o Goberno galego destinará un orzamento de 18,9 millóns de euros á conservación integral do Camiño de Santiago para o período 2023-2025.

Peregrinos. GONZALO GARCÍA
Peregrinos. GONZALO GARCÍA
Camiño de Santiago 438.682 compostelas
A peregrinación a Compostela marcou un novo fito ao acadar unha cifra histórica, con 438.682 compostelas entregadas, nun incremento do 26% con respecto á anterior cifra máis alta rexistrada, no ano 2019, con case 350.000 certificacións.


As actuacións que se desenvolverán teñen como finalidade manter os Camiños Xacobeos nun óptimo estado para o paso dos peregrinos, mediante a execución das operacións, tarefas e atencións periódicas necesarias para o seu mantemento. As obras abranguen as actuacións de acondicionamento e mellora dos distintos treitos dos Camiños de Santiago, así como o reforzo e a mellora da sinalización. Ademais comprenden, entre outras, tarefas de operacións de vixilancia, seguimento e control, e tarefas preventivas de limpeza e de sega nestes roteiros.

As actuacións se levarán a cabo en toda a rede de camiños que pertencen ao Camiño de Santiago. Así, actuarase no Camiño Francés, no do Norte, no Interior, no Primitivo, no Portugués e no Portugués da costa, na Vía da Prata-Mozárabe, no Camiño de Fisterra Muxía, no Inglés e no de Inverno.

Xunto ao Camiño, e moi vencellada ás diferentes rutas xacobeas existentes en Galicia, como o Camiño de Inverno, destaca tamén a enogastronomía dentro da oferta turística da comunidade galega, xa que constitúe o segundo motivo polo que os turistas se achegan a Galicia.

Por elo, a Xunta puxo en marcha o Plan Territorial de Sustentabilidade Turística de Enogastronomía de Galicia, co obxectivo de promocionar Galicia como destino enogastronómico de primeiro nivel poñendo en marcha actuacións transformadoras en diferentes áreas da comunidade galega, cunha dotación orzamentaria de 35,4 millóns de euros.

Piscina fluvial en la Ruta da Pedra e da Auga de Meis. JL OUBIÑA
Piscina fluvial en la Ruta da Pedra e da Auga de Meis. JL OUBIÑA
Desestacionalización Visitas todo o ano
Aumentan as visitas de turistas á comunidade galega fóra da temporada alta –meses de xullo e agosto–, grazas a un modelo baseado na colaboración público-privada, tranquilo e de calidade, fomentándose os valores paisaxísticos, patrimoniais e enogastronómicos.


A promoción da xestión sostible desde os destinos e a potenciación do territorio enogastronómico galego como un espazo de desenvolvemento turístico competitivo cuxa proxección e comercialización alcancen o ámbito nacional e internacional son os obxectivos ao redor dos que se vertebra este plan, cun forte contido na dixitalización e na innovación gastronómica.

Plans de sostibilidade turística

Por outra parte, para manter o pulo turístico da Comunidade galega, Turismo de Galícia presentou ás entidades locais o Plan territorial de sostibilidade turística de enogastronomía de Galicia, recentemente aprobado polo Conferencia Sectorial de Turismo, a proposta do Goberno galego.

O Plan, dotado con 34,5 millóns de euros, ten como obxectivo a promoción da comunidade galega como destino enogastronómico de primeiro nivel, poñendo en marcha actuacións transformadoras en diferentes áreas do territorio, como a posta en valor dos territorios vitivinícolas, a mellora da comercialización e da promoción de novos produtos turísticos vinculados á enogastronomía galega, a promoción da xestión sustentable desde os destinos e a potenciación do territorio enogastronómico galego como un espazo de desenvolvemento turístico cun forte contido na dixitalización e na innovación gastronómica.

Este plan contempla, ademais, intervencións referidas ao embelecemento e adecuación dos establecementos de produción enolóxica e alimentaria e das súas contornas para mellorar a imaxe tanto física como dixital dos destinos, potenciando a chegada do AVE a Galicia, así como a mobilidade sustentable, que ten por obxectivo reducir o impacto ambiental dos desprazamentos dos visitantes polo territorio e mellorar a accesibilidade aos lugares de interese dinamizando así a actividade turística.

Playa de Silgar. BEATRIZ CÍSCAR
Playa de Silgar. BEATRIZ CÍSCAR
Atractivos Deporte
As praias e as paisaxes da costa de Galicia mantéñense coma un dos destinos preferidos dos turistas, pola súa beleza e porque permiten gozar da práctica de numerosos deportes e tamén percorrer as múltiples rutas de sendeirismo existentes, á vez que se descubre o rico patrimonio histórico.


As intervencións que forman parte do Plan Territorial de Galicia, están composto por tres Actuacións de Cohesión en Destino (ACD), cun investimento de 14,9 millóns de euros, e 11 Plans de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD), impulsados por entidades locais, que recibirán un total de 17 millóns de euros.

Actuacións de cohesión en destino

Inclúense actuacións nos aloxamentos con encanto en destinos enogastronómicos de Galicia para a adecuación de instalacións para a realización de experiencias enogastronómicas; a creación de Galicia Gastro Experience como centro de referencia para a mellora da enogastronomía galega como experiencia turística; e a posta en marcha dunha rede de mobilidade nas cinco Rutas do Viño de Galicia en vehículo eléctrico. Estas tres actuación suman un investimento de 14,9 millóns de euros.

Plans de sustentabilidade en destino

No marco destes Plans, Galicia presenta 11 que suman un orzamento de 17 millóns de euros, nos que se atopan:

  • PSTD Os Fogóns do Anllóns: Carballo, Coristanco, Laracha, Ponteceso, Cabana de Bergantiños. 1,5 millóns de euros.
  • PSTD Et edendo, Lucus: Un percorrido histórico pola enogastronomía. Concello de Lugo. 2 millóns de euros.
  • PSTD Valdeorras, Ruta do Viño Milenaria: O Barco, A Rúa, A Veiga, O Bolo, Petín, Vilamartín, Rubiá, Larouco, Carballeda) 1,5 millóns de euros.
  • PSTD Barbanza-Arousa. Viaxe a través da historia dos sabores: Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo. 1,5 millóns de euros.
  • PSTD Ribeiro – O Carballiño: Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Ribadavia, Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristovo de Cea, Padrenda, Pontedeva. 1,5 millóns de euros.
  • PSTD Condado Paradanta Destino Enogastronómico: A Cañiza, Arbo, As Neves, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño. 1,5 millóns de euros.
  • PSTD de Vigo: Concello de Vigo, 2 millóns de euros.
  • PSTD do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño Despensa de Galicia: A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño, Tui. 1,5 millóns de euros.
  • PSTD O Carballiño e a gastronomía do Polbo: Concello de O Carballiño. 1 millón de euros.
  • PSTD de A Guarda: Concello A Guarda. 1 millón de euros.
  • PSTD O Grove: A Gastromeca. Construción dun novo modelo baseado na emoción e a autenticidade a través da súa cultura gastronómica. Concello do Grove. 2 millóns de euros.

Plan Nacional Enogastronomía

O Plan Nacional de Enogastronomía contempla na comunidade galega tamén o PSTD da Asociación Terras de Compostela, que conta cun orzamento de 1,3 millóns de euros da Asociación Terras de Compostela, así como tamén o PSTD da Deputación da Coruña, co Plan de Sostibilidade Turística no Destino Vía Verde Compostela– Tambre–Lengüelle, que conta, pola súa banda, cun orzamento de 1.375.400 euros.

Navajas. JL OUBIÑA
Navajas. JL OUBIÑA
Gastronomía Tradición e modernidade
Un dos principais atractivos turísticos de Galicia é a gastronomía, pois aúna o saber da tradición coas técnicas e iniciativas máis novedosas en restauración, como se reflicte nos numerosos establecementos hostaleiros que existen na comunidade coa calidade e o servizo como premisas.