Galicia viviu un inverno moi cálido con precipitacións normais e encara unha primavera calorosa

A primeira quincena de marzo foi especialmente cálida nas provincias de Lugo e Ourense, mentres que en Pontevedra e A Coruña o termómetro moveuse nos parámetros normais ou lixeiramente por encima
Ciudadanos tomando el sol en su balcón durante el confinamiento. SUSANNA SÁEZ (EFE)
photo_camera Persoas tomando o sol no seu balcón. SUSANNA SÁEZ (EFE)

Galicia viviu un inverno moi cálido no que as precipitacións se mantiveron dentro dos parámetros normais, segundo o informe sobre o cambio estacional publicado este mércores pola Axencia Estatal de Meterología (Aemet), que prevé unha primavera que tamén rexistrará temperaturas por encima da media para a época do ano

Deste xeito, o inverno continuou coa tendencia coa que acabou 2019 e rexistrou temperaturas dun grao centígrado e medio por encima da media no conxunto galego, o que supón o terceiro inverno máis cálido da serie desde o ano 1971, só superado polos de 1989-90 e 1997-98. 

O período estudado comprende entre decembro e febreiro, tres meses nos que, en todos eles, as temperaturas estiveron por encima da media histórica. Así, decembro e xaneiro rexistraron anomalías de 0,9 graos por encima do normal, valor que se disparou até os 2,9 graos centígrados en febreiro, que foi o máis cálido desde 1951. 

O inverno en Galicia foi normal no tocante ás choivas caídas

De feito, Ourense alcanzou os 25,4 graos o pasado 23 de febreiro e que supuxo a temperatura máxima rexistrada na comunidade galega durante o inverno. Por contra, a localidade ourensá de Xinzo de Limia obtivo o valor mínimo do trimestre cos menos 8,6 graos rexistrados o 12 de xaneiro. 

A Aemet tamén destaca que a primeira quincena de marzo foi especialmente cálida nas provincias de Lugo e Ourense, mentres que en Pontevedra e A Coruña o termómetro moveuse nos parámetros normais ou lixeiramente por encima. Ademais, a falta de case dúas semanas para que termine o terceiro mes de 2020, xa choveu ao nivel da serie histórica na maior parte de Galicia.

O ano hidrolóxico en Galicia está a resultar húmido ou moi húmido debido ás "cuantiosas" precipitacións rexistradas en novembro e decembro

PRECIPITACIÓNS NO INVERNO. En canto ás precipitacións, o trimestre que vai de decembro a xaneiro moveuse nos parámetros normais, posto que as poucas choivas que caeron en febreiro (a metade dos valores medios) víronse compensadas cos valores de decembro, un mes que foi entre húmido e moi húmido, desataca a Aemet. Ademais, en xaneiro as cantidades acumuladas roldaron (97%) os valores normais, polo que o inverno en Galicia foi normal no tocante ás choivas caídas, cunha porcentaxe para o conxunto da comunidade do 99% de choivas con respecto á media. 

Deste xeito, o ano hidrolóxico en Galicia está a resultar húmido ou moi húmido debido ás "cuantiosas" precipitacións rexistradas en novembro e decembro do pasado ano. Así, no cinco meses que transcorreron do ano hidrológico (de outubro a febreiro), xa se rexistrou un 70% da precipitación normal de todo o ano hidrológico para o conxunto de Galicia. 

Así as cousas, a Aemet prevé unha primavera seca, especialmente en Galicia e Asturias, e con temperaturas por encima do normal. 

Comentarios