A galega Alejandra Silva e Richard Gere esperan o seu primeiro fillo
16 de septiembre de 2018 (22:35 h.)
A publicista coruñesa publicou unha fotografía en Instagram onde o Dalai Lama lle bendice o ventre
Alejandra Silva e Richard Gere esperan o seu primeiro fillo en común. Así o confirmou a publicista coruñesa, que publicou unha foto nas súas redes sociais anunciando a boa noticia.
"Muy feliz recibiendo bendiciones para nuestro preciado tesoro por llegar... no podía anunciarlo sin antes habérselo dicho a su SS Dalai Lama", escribiu Alejandra Gere xunto a unha fotografía na que aparece a parella co líder espiritual budista.
O matrimonio coincidiu co Dalai Lama en Holanda, onde está pasando uns días.
O veterán actor convertirase de novo en pai aos 69 anos.