O Goberno realizou en Galicia case 200.000 test de detección do coronavirus

Un sanitario realizando un test PCR. EUROPA PRESS
No conxunto de España realizáronse case 2,5 millóns de probas

Galicia realizou, ata o pasado xoves día 7 de maio, 114.532 probas PCR e 83.108 test de anticorpos ou test rápidos para a detección do coronavirus, segundo datos facilitados polo Ministerio de Sanidade.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, mantivo este sábado que España é un dos países que realizou máis test de detección do coronavirus, cun total de 2.467.761 practicados.

Sánchez asegurou nunha rolda de prensa en Moncloa que se realizaron 1.625.211 probas PCR e 842.550 test de anticorpos.

Só esta semana, resaltou o xefe do Executivo, practicáronse 274.081 probas PCR e 261.225 test de anticorpos.

"O total de test, PCR e anticorpos realizado é de 2.467.761. Somos dos países que máis test realizamos", reiterou Sánchez.