Un grupo neonazi confunde cun independentista a un bombeiro vigués e agrídeo
22 de octubre de 2019 (11:10 h.)
"Que alguén che ataque sen mediar palabra non se pode permitir", sinalou o afectado
O bombeiro vigués Miguel Uclés, enlance sindical da CIG, foi agredido o sábado en Madrid por un grupo de neonazis que o confundiu cun independentista, segundo publicou este luns o diario Atlántico. Uclés desprazouse á capital xunto a outros compañeiros para manifestarse en demanda dunha serie de melloras para a súa profesión.
"Estou ben", declarou nunha mensaxe a Atlántico, no que tamén agradeceu todas as mostras de agarimo recibidas desde que sufriu a agresión. "Que alguén che agrida sen mediar palabra non se pode permitir", sinalou.