Tres feridos ao envorcar un coche que impactou cunha furgoneta en Rande
07 de febrero de 2019 (14:45 h.)
O accidente provocou importantes retencións en sentido norte
Unha colisión entre un turismo e unha furgoneta provocou este xoves importantes retencións no tráfico na Ponte de Rande, en sentido norte da circulación pola AP-9.
A causa do impacto, a persoa que conducía a furgoneta necesitou da axuda dos efectivos de rescate para poder saír do vehículo e ser atendida. No turismo viaxaban dúas persoas, segundo informa o 112. O camión atopábase avariado na calzada e o coche impactou con el e quedou envorcado.
O accidente produciuse pouco logo das 12.00 horas. Foron mobilizados os Bombeiros do Morrazo, efectivos do 061-Urxencias Sanitarias, axentes da Garda Civil de Tráfico e membros do Centro de Xestión de Autoestradas.