Un home falece tras ser atropelado por un turismo en Rianxo
03 de enero de 2020 (00:20 h.)
O accidente rexistrouse ás 21.39 horas na zona portuaria
Un home de 60 anos faleceu este xoves tras ser atropelado por un turismo na zona portuaria de Rianxo. O accidente rexistrouse ás 21.39 horas.
Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil, da Policía Local de Rianxo e do 061, así como unha dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro.