Un home mata ao seu irmán ao golpealo cunha aixada en Salceda de Caselas

La vivienda en la que se produjo el crimen, en Salceda. CRTVG
O home faleceu no hospital debido á gravidade das feridas

Un home matou ao seu irmán ao golpealo cunha aixada en Salceda de Caselas, segundo informaron fontes próximas á investigación a axénciaa Europa Press.

Os feitos ocorreron sobre as 20.30 horas do venres nunha leira da familia. O agresor, de 49 anos, chamou á Garda Civil para informar os feitos ocorridos tras unha discusión. á chegada dos axentes, a vítima, de 51 anos, aínda estaba con vida.

Aínda que foi trasladado en ambulancia faleceu no hospital debido á gravidade das feridas. O agresor atópase detido á espera de pasar a disposición xudicial.