A importancia de ensinarlle aos nenos o teléfono de emerxencias
22 de octubre de 2019 (21:35 h.)
Unha regla nemotécnica sinxela consiste en asociar os números do 112 con partes do rostro
No momento menos pensado, un menor pode verse na necesidade de dar un aviso ao 112, como sucedeu este martes en Antas de Ulla logo de que o chofer dun autobús escolar sufrira unha indisposición e o vehículo se saíra da estrada.
Por iso, desde o Emerxencias Galicia destacan a importancia de ensinarlle aos fillos cal é o teléfono de Emerxencias.
Una regla nemotécnica que axuda a memorizar o 1-1-2 é a de asociar os números con diferentes partes do rostro: unha boca, un nariz e dous ollos.
Neste vídeo, Braulio, un dos Bolechas, tamén explica para os máis pequenos como funciona a central de emerxencias do 112 Galicia.