Cando un cable de Telefónica atravesa o teu salón
14 de marzo de 2019 (21:17 h.)
Un matrimonio de Noia denuncia que a firma non desviou o tendido, tal e como se comprometera cando empezaron a obra
Un cable polo medio da vivenda. Ese é o problema que se atopou un matrimonio que está a construír unha casa en Noia. Ao inicio da obra, cando obtiveron a licenza, Telefónica comprometeuse a desviar o tendido, pero non o fixo.
Dado que os prazos do proxecto apremaban, a obra seguiu avanzando, deixando un camiño para que o cable pase, pero agora chegou a un punto morto. A afectada, Digna María Mello, confesou á TVG que se sente "impotente".