Ondas, vento, chuvia e neve: a borrasca Cecilia pon a Galicia en alerta

A Mariña registrará olas que superan los ocho metros.. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Las clases han quedado suspendidas este jueves en 15 centros de la montaña lucense por acumulaciones de nieve de hasta 20 centímetros

Ondas, vento, neve e choivas. Todos os elementos aliñaranse este xoves para deixar a Galicia sometida ás inclemencias que traerá a borrasca Cecilia.

No litoral haberá alerta vermella por ondas de máis de oito metros, segundo Meteogalicia, e en terra firme o aviso será amarelo por choiva e vento e laranxa por neve na Montaña lucense. Espéranse acumulacións de máis de 20 centímetros nalgúns puntos, o que levou a suspender as clases en 15 centros, con 789 alumnos afectados. A cota de neve situarase nos 700-800 metros. 

O litoral galego quedará xa baixo aviso laranxa desde a madrugada deste xoves por vento de forza sete, que aumentará ata nivel 8 e ata 9, e mar combinada de ata oito metros. E desde primeira hora da mañá a alerta elevarase ao nivel vermello na Coruña e Pontevedra, con ventos de forza 8 e 9 e ondas de ata dez metros, segundo a Axencia Española de Meteoroloxía.

Meteogalicia, a diferenza da  Aemet, tamén inclúe A Mariña lucense na alerta vermella, por ondas de máis de oito metros. A situación manterase ata final do xoves, cando o aviso rebaixarase de novo a laranxa.

.

Máis aló do litoral, en terra firme tamén imperarán varios avisos amarelos por refachos de vento e por choivas.

DESBORDAMENTOS. Doce ríos de Galicia presentan risco de desbordarse. Segundo os datos facilitados polo 112, o aviso de posible crecida do caudal afecta os ríos Ouro, Covo, Landro, Eume, Mandeo, Xallas, Tambre, Ulla, Umia, Lérez, Verdugo, Oitavén e, dentro da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, ao Ladra.

Por iso, o 112 Galicia recomenda, ante este aviso de posible crecida do caudal, abandonar calquera actividade que se realice en cursos fluviais porque pode sorprender a subida do nivel; así como retirar vehículos da marxe dos ríos e evitar atravesar pontes ou torrentes.