Localizado morto na súa casa un veciño de Redondela tras días sen saber del
13 de mayo de 2019 (23:49 h.)
Todo apunta a que puido falecer por causas naturais
A Policía de Redondela localizou o cadáver sen vida dun home de 43 anos na súa casa de Chapela, segundo informou a Televisión de Galicia.
As primeiras pesquisas apuntan a que o home podería levar varios días morto. Foron os veciños do inmoble quen alertaron os servizos de urxencias despois de detectar un forte cheiro procedente da vivenda.
O home, natural de Murcia, levaba preto dun ano residindo na localidade pontevedresa. Todo apunta a que puido falecer por causas naturais.