Localizan a un voyeur que gravaba a menores e mulleres en toples na praia de Patos
12 de septiembre de 2019 (11:50 h.)
Trátase dun profesor universitario que ocultaba a cámara nunha caixa de zapatos
A Policía Local de Nigrán localizou a un profesor universitario que gravaba a menores e mulleres na praia de Patos coa axuda dunha cámara que ocultaba nunha caixa de zapatos.
Un bañista foi o que deu aviso aos axentes, que ademais incautaron outra cámara que o home gardaba no seu vehículo. Nelas almacenaba fotos de mulleres co torso espido e de menores bañándose.