
A fiscal antidroga Cristina Toro Ariza, de 59 anos, faleceu esta semana a causa do coronavirus, segundo informou a Asociación Profesional e Independente de Fiscais (APIF) a través da súa conta de Twitter.
"Faleceu, neste horror de epidemia, a fiscal Cristina Toro. A pena que nos embarga por esta noticia é inmensa. O noso máis sentido pésame ao seu marido e fillos", afirma a asociación na rede social.
Ha fallecido, en este horror de epidemia, la fiscal Cristina Toro. La pena que nos embarga por esta noticia es inmensa. Nuestro mas sentido pésame a su marido e hijos
— APIF (@APIFiscales) March 26, 2020
Toro Ariza, que ingresou na Carreira Fiscal o 7 de xaneiro de 1988, exerceu na Fiscalía Provincial de Madrid, tras o cal pasou, no ano 2011, á Fiscalía Especial Antidroga na Audiencia Nacional.
Un dos casos máis mediáticos nos que exerceu a acusación foi o do narcotraficante galego Marcial Dorado, para quen chegou a pedir unha condena de 15 anos de cárcere e 40 millóns de euros de multa por branqueo de capitais, delito fiscal, falsidade documental, colaboración con organización criminal e violación de segredos.