Morre un home de 54 anos en Santiago tras a picadura dunha velutina

Nido de avispa velutina. DAVID FREIRE
Estaba a revisar unha colmea cando foi picado pola avispa

Un home de 54 anos, veciño da parroquia santiaguesa de Villestro, faleceu este domingo ao mediodía pola picadura dunha avespa velutina.

Segundo informa El Correo Gallego, o home, cuxas iniciais son D.G.D., estaba a revisar unha colmea preto da súa vivenda precisamente para comprobar se se instalara nela un niño de velutinas cando se produciu a picadura.  

Ao lugar acudiron efectivos do 061, pero nada puideron facer para salvar a vida do home, que faleceu aos poucos minutos.