Morre un home ao envorcar o tractor que manexaba en Rois
27 de septiembre de 2018 (22:33 h.)
O suceso ocorreu nunha leira de Silvarredonda, na parroquia de Buxán
Un home faleceu na tarde deste xoves no municipio coruñés de Rois tras envorcar o tractor que manexaba.
O suceso ocorreu sobre as 17.20 horas nunha leira de Silvarredonda, na parroquia de Buxán, segundo informou o CIAE 112-Galicia.
Até a zona foron mobilizados os Bombeiros de Boiro, o GES de Padrón, a Garda Civil e Protección Civil de Rois, así como efectivos sanitarios, que non puideron facer nada por salvar a vida do home.